Outra versión de Beowulf

0
241

A canle de televisión Syfy ven de escomezar o desenvolvemento dunha série que adaptará á pequena pantalla o clásico poema épico inglés Beowulf.

O poema, a primeira obra escrita en língua inglesa, vai sobre un heroe escandinavo do século V que decide axudar a un rei viquingo cuxo palácio está a sofir os ataques dun monstro que se agocha nunha cova e que responde ao nome de Grendel.

Beowulf fere de morte a Grendel, pero logo deberá batallar contra a súa ainda mais perigosa nai. A série, segundo din, tentará examinar a história do heroe, de como se fai co poder e a súa enemizade co monstro.

Matt Greenberg (1408, Reign of Fire) escribirá o guión, mentres ca el mesmo xunto a Brian Hamilton, Michael Chechik, Andrew Cosby e Paulo de Oliveira serán os produtores executivos.