Affleck e Matt Damon producen Sleeper

807

A Warner Bros. Pictures está a avanzar deprisa para comezar a produción de Sleeper, un filme que adaptará á pantalla grande o cómic orixinal que escribe Ed Brubaker dende 2003.

Ambientado nun universo escuro, a história vai sobre a xente que espontáneamente desenvolve superpoderes. Un deles é Holden Carver, un home que pode absorber a dór e transmiti-la a outros.

Carver infíltra-se nunha organización criminosa coa axuda dunha axéncia de protección da lei, pero axiña decáta-se de que esta axéncia non é o que semella ser. Polo de agora non hai director nin actores contratados.

Shawn Ryan (Last Resort) e David Wiener (The Killing) son os guonistas que están a escribir o filme, que contará coa produción de Ben Affleck, Matt Damon e Jennifer Todd.

Sam Raimi e Tom Cruise estiveron hai tempo vencellados a unha adaptación deste mesmo proxecto.