Remake do abominable monstro das neves

0
281

A produtora Hammer quere facer un remake do seu própio filme de 1957 The Abominable Snowman, baseado no clásico persoaxe do Ieti.

A nova versión do peludo monstro das neves será esta vez desenvolvida en colaboración con Ben Holden, quen xa produciu en 2012 o éxito da Hammer The Woman in Black.

Matthew Read e Jon Croker escribirán o guión desta nova película, que vai sobre unha expedición científica que tentará escalar ilegalmente unha das montañas mais altas do mundo. Alí accidentalmente descubren unha antiga creatura que os enmeiga. Forrest Tucker e Peter Cushing foran os protagonistas do filme orixinal.

A compañía está ademais a producir actualmente en Inglaterra a secuela de The Woman in Black, titulada The Woman in Black: Angel of Death.