A Paramount bloqueará “Que belo é vivir”

0
223

Unha voceira da Paramount confirmou o mércores que os estudos queren bloquear o intento de facer unha segunda parte do seu clásico de 1946 It’s A Wonderful Life.

A Star Partners e mais a Hummingbird Productions anunciaran o luns que tiñan plans para facer un filme titulado It’s a Wonderful Life: The Rest of the Story, que narraría a história do neto do persoaxe de George Baily, interpretado por Jimmy Stewart no filme orixinal, un dos clásicos do cinema fantástico de todos os tempos.

O obxectivo era escomezar a rodar o ano que ven e poder estrear en 2015. O presidente da Hummingbird afirmou que os dereitos de copyright sobre o filme orixinal caducaran hai moitos anos polo que a película é actualmente de domínio público (é por iso polo que moitas canles a emiten sempre o día de nadal) pero os avogados da Paramount non están de acordo e segundo din, eles son os donos dos dereitos dende hai 14 anos, cando adquiriron o catálogo de filmes dos desaparecidos estudos Republic Pictures en 1999.

A voceira dixo: “Ningún proxecto relacionado con It’s A Wonderful Life pode saír adiante sen obter unha licéncia da Paramount. Até hoxe, estes indivíduos non obtiveron ningún dos dereitos requeridos, e nós tomariamos todos os chanzos necesários para protexer eses dereitos“.