Os vampiros do espazo chegan á tele

0
232

A Ringleader Studios ven de se facer cos dereitos para producir unha série de televisión que adapte a novela orixinal de 1978 The Space Vampires de Colin Wilson.

A história vai sobre un grupo de astronautas europeos que descobren unha nave espacial abandoada e regresan á Terra con tres áliens humanoides que desencadean unha vaga de vampiros vitáis sobre a humanidade.

A Ringleader planea engadir a este proxecto multimédia non só a série de televisión, senón ademais unha novela gráfica, un videoxogo e outros artigos relacionados.

A propriedade xa fora anteriormente adaptada ao cinema nun filme clásico de culto dirixido por Tobe Hooper en 1985, Lifeforce, que protagonizaron Steve Railsback, Patrick Stewart e Mathilda May.