Foley subirá a Escaleira de Xacobe

0
231

O director de Glengarry Glen Ross e House of Cards, James Foley, está a negociar facer-se cargo dunha nova versión ainda sen título do clásico de culto de 1990 de Adrian Lyne Jacob’s Ladder para a LD Entertainment.

Tim Robbins protagonizou o filme orixinal sobre un veterán da guerra de Vietnam que sofre estrés postraumático e que comeza a experimentar alucinacións cada vez mais estrañas que se misturan na súa vida diária. Ainda que moitos debateron sobre o xiro final da versión do cinema, a película é relembrada sobre todo polos seus intres realmente misteriosos e intensamente surreais.

O guionista de Midnight Meat Train, Jeff Buhler, está a escribir esta nova versión que a produtora describe coma unha homenaxa á fita orixinal e non coma un remake. O plan é “contemporizar a história con novas situacións e persoaxes pero mantendo o argumento que examine os problemas e plantee as cuestións existenciais“.

Jennifer Monroe, Michael Gaeta e Alison Rosenzweig serán os produtores. Os dous últimos xa colaboraran recentemente noutros remakes de filmes dos 80, coma foron Fright Night (2011) e mais o vindeiro Angel Heart (de 1987).