Stan Lee prepara unha nova película

889

O lendário creador de persoaxes de cómic Stan Lee e mais o ex director da Marvel Studios e produtor de Amazing Spider-ManAvi Arad, van-se asociar para facer unha nova longametraxe baseada noutra creación de Stan Lee.

O título e mais os detalles do argumento están aínda en segredo, e polo de agora Arad tan só desvelou que “algúns títulos dan demasiada información“. O proxecto está polo de agora nas súas primeiras fases de desenvolvemento e os produtores queren atopar guionistas que escriban o libreto.

O proxecto será desenvolvido pola Columbia Pictures e contará coa produción de Arad, Lee, Ari Arad e Gill Champion.