O fillo de deus regresa ao cinema

0
216

Se The Bible, a recente minisérie de dez episódios da canle especializada en extra-terrestres, o History Channel, contiña demasiadas fábulas relixiosas, o vindeiro lanzamento da Fox nos cinemas, Son of God, podería ser mais do gusto dos afeccionados á épica fantástica.

O filme será unha versión reducida dos devanditos dez episódios, poñendo o foco narrativo no mitolóxico persoxe de Xesús (interpretado polo actor portugués Diogo Morgado). O resultado será un filme de 135 minutos de duración reeditado a partir dos anacos mais interesantes e cubrindo a vida do fabuloso deus dos cristiáns, dende o seu nacemento até a súa misteriosa resurrección.

Ademais foron engadidas novas escenas que non apareceron na minisérie para fornecer á história de mais persoaxes. A estrea nas salas de cinema está prevista para o 28 de febreiro de 2014.