Regreso de Xesús, o exorcista

0
295

Após do seu éxito coa minisérie The Bible, o History Channel quere continuar co filón de Xesús cun novo proxecto, que pode non ser tan do agrado dos cristiáns.

O guionista de The Machinist, Scott Kosar, xunto cos produtores de The Last Exorcism Eli Roth e Eric Newman, van-se asociar para crear The Lost Years, unha nova série que explorará os anos non documentados da vida do lendário persoaxe bíblico, concretamente os que van dende que tiña 13 anos até que cumpriu os 30.

O proxecto foi concebido orixinalmente para ser unha série de terror, na que Xesús será un exorcista que vai de aldea en aldea ceibando aos seus aterrados habitantes dos demos, nunha era na que a medicina e mais a relixión eran practicamente a mesma cousa.

Polo de agora non se coñecen mais dados sobre o argumento que adoptará definitivamente esta nova série, e coma está aínda nas suas primeiras etapas, ainda non se decediu sequera se será unha minisérie ou unha série normal.