Iñárritu versiona o Libro da Selva

0
212

O director mexicano Alejandro González Iñárritu (Babel, Amores Perres) ven de se converter no máximo candidato para se encargar dunha nova longametraxe que versionará, esta vez con actores de carne e oso, a clásica antoloxía de Rudyard Kipling The Jungle Book (1894) para a Warner Bros. Pictures.

A maioría dos contos do libro están enfocados no persoaxe de Mowgli, un rapaz criado polos lobos e entre cuxos amigos están un urso chamado Baloo e unha panteira chamada Bagheera. Xuntos deberán enfrontar-se a un temíbel tigre, Shere Khan.

A história foi adaptada xa várias veces para a pantalla grande, pero a versión mais popular é a que produciu a Walt Disney en 1967 de debuxos animados. En 1994 de novo produciu oura versión, con actores reais, e protagonizada por Jason Scott Lee, Lena Headey e Cary Elwes.

Callie Kloves escribiu o guión da nova versión, que producirá Steve Kloves. O proxecto non debe confundir-se con outra adaptación tamén en fase de proxecto que está a realizar a mesma Disney.

A obra de Kipling é de domínio público, o que permite que haxa moitas adaptacións. A longametraxe de Iñárritu moi probábelmente será mais sinistra e dirixida a un público adulto.