Luz verde para Dominion

0
247

A canle Syfy ven de dar a súa aprobación oficial para comezar a produción dunha nova série de terror sobrenatural baseada na película de 2010 Legion.

A história está ambientada 25 anos no futuro após do remate dunha guerra entre un exército de anxos e a humanidade que transformou totalmente o mundo. Esta vez o argumento seguirá as aventuras dun xoven soldado rebelde (Chris Egan) que descubre que el podería ser a derradeira esperanza da humanidade.

O director do filme orixinal, Scott Stewart, foi o responsábel do episódio piloto, rodado en Cape Town (Sudáfrica) coa produción executiva de Michel Litvak e David Lancaster.