Novos guionistas para Star Trek 3

0
320

J.D. Payne e mais Patrick McKay veñen de ser contratados para se ocupar de escribiren o guión de Star Trek 3 para a Paramount e mais a Skydance Productions.

Roberto Orci e Alex Kurtzman escribiron o guión do primeiro filme e Damon Lindelof uníu-se-lles para a segunda entrega da saga. Agora, Kurtzman abandoa o proxecto e deixa a Orci e a Lindelof que traballen xunto cos recén chegados para o novo episódio.

Agárda-se que regren todos os habituais desta série,  Chris Pine, Zachary Quinto, Zoe Saldana e mais Simon Pegg.

Ainda que polo de agora non hai nin un título nin unha data para a estrea, hai unha clara intención de ter o filme listo para 2016, que coincidirá co 50º aniversário da franquía.

J.J. Abrams será o produtor pero non dirixirá a terceira parte. Polo de agora non hai ningún director vencellado ao proxecto, pero o nome de Joe Cornish (Attack the Block) soa coma o máximo favorito para se facer co posto.

Payne e McKay son os guionistas responsábeis de Goliath, un libreto que foi tan ben recebido que os levou a colaborar coa produtora de Abrams, a Bad Robot, para adaptaren a novela gráfica de 2009 Boilerplate.