A Disney planea facer mais Indiana Jones

0
294

Cando a Disney absorbeu á Lucasfilm hai cousa dun ano, o seu único propósito daquela semellaba ser a intención de se facer cos dereitos da saga da Guerra das Galáxias.

Pero a Lucasfilm controlaba asemade outra franquía moi salientábel, a de Indiana Jones. Porén, dado que a Paramount posuía o outro 50% dos dereitos sobre a série, a cousa semellaba ser un empate técnico a ninguén pensou que podería resolver-se.

Agora, a Disney e mais a Paramount veñen de chegar a un acordo oficial que dá á Disney o control total sobre calquera posíbel longametraxe que se faga desta franquía. A Paramount reterá o control sobre o primeiros catro filmes da saga e recebirá unha “compensación económica” por calquera posíbel futuro filme que se produza e distribúa.

Isto abre defiitivamente as portas a unha quinta entrega, que podería ser una nova secuela ou mesmo un relanzamento dende os comezos. Nombergantes, polo de agora non hai ningún proxecto para producir unha quinta longametraxe se ben todos os nomes vencellados, Harrison Ford, Steven Spielberg e mais George Lucas, expresaron con anterioridade o seu interese en regresar.