O relanzamento de Terminator, tamén na tele

0
285

A Skydance Productions e mais a Annapurna Pictures, que están a producir o agardado relanzamento da triloxía de Terminator, queren tamén facer unha série de televisión que producirían conxuntamente co novo filme que verá a luz en 2015.

Zack Stentz e Ashley Miller (X-Men: First Class, Thor) están a escribir os guións e serán os produtores executivos da série de televisión. Laeta Kalogridis e Patrick Lussier, os guionistas do filme, tamén participarán coma produtores executivos.

A série será, segundo dixeron, unha continuación dun intre especialmente crítico do primeiro filme de 1984, pero os acontecementos irán por unha dirección totalmente diferente aos que se viron na pantalla grande.

O relanzamento estará, segundo se espera, baseado no filme de 1984. A medida que a série e mais os filmes vaian progresando, os acontecementos misturarán-se e finalmente chegarán a un intre común.

A Paramount está vencellada á produción da longametraxe pero non á da série de televisión. Megan Ellison, David Ellison, Dana Goldberg e Marcy Ross serán os produtores tanto da película coma da série.