O guionista de Life Of Pi, David Magee, foi contratado para escribir o libreto de The Chronicles Of Narnia: The Silver Chair, a cuarta entrega da adaptación á pantalla grande desta popular saga fantástica de propaganda cristián escrita por C.S. Lewis.
Ambientada décadas despois de Voyage of the Dawn Treader en Nárnia (pero só uns poucos anos despois no mundo real), Eustace Scrubb e mais a sua amiga Jill Pole son convocados a Nárnia por Aslan para atoparen ao herdeiro perdido do xa ancián rei Caspian. O príncipe perdido Rilian despareceu durante unha expedición para atopar á serpe verde que matou á súa nai.
Eustace e Jill parten rumbo ás terras do norde de Nárnia para atopar ao príncipe e para atoparen á Dama do Vestido Verde e a un rapaz que están unidos máxicamente pola noite a unha Cadeira de Prata.
Nunha declaración oficial, Magee dixo que “sempre gostei das Crónicas de Nárnia e imaxinába-me a min mesmo todo o tempo entrando en Nárnia nalgún intre. Anos despois, vou cumprir ese desexo só un pouco escribindo a adaptación de The Silver Chair e non podería estar mais emocionado por iso“.
The Mark Gordon Company e mais a C.S. Lewis Company producirán a cuarta entrega xunto a Mark Gordon, Douglas Gresham e Vincent Sieber.