A canle NBC ven de encargar unha minisérie de catro episódios dunha hora á Lionsgate TV baseada na clásica novela de terror de Ira Levin de 1967 Rosemary’s Baby.
A história narra como unha xoven parella de recén casados múda-se a París a un apartamento que conta cun misterioso pasado. A rapaza fica preñada e aos poucos vai sospeitando que o seu home a mais os seus veciños teñen plans sinistros para o seu bebé.
O conto foi adaptado ao cinema en 1968 nun famoso thriller psicolóxico de Roman Polanski protagonizado por Mia Farrow que tivo, coma sempre, un desafortunadísimo título en España. A nova versión actualizará a história e a trasladará aos nosos días.
Scott Abbott (Introducing Dorothy Dandridge) e James Wong (American Horror Story) adaptaron o guión, mentres ca Agnieszka Holland (Treme, Europa, Europa) será a directora.
O cásting escomezará axiña e a rodaxe está prevista para o mes que ven en París.