Jason Momoa úne-se a Batman vs. Superman

0
230

O protagonista da última versión de Conan e actor das primeiras tempadas de Game of Thrones, Jason Momoa, está en negociacións para se unir ao reparto do vindeiro filme de Zack Snyder, Batman vs. Superman, na Warner Bros. e a DC Entertainment.

Polo de agora non está claro que papel vai facer Momoa, se será un supervilán ou algún membro da Liga da Xustiza (e polo tanto nun habitual das posíbeis secuelas). Os rumores polo de agora suxiren que se é un superfalcatruán fará o papel de Doomsday, pero se é un superheroe sería Martian Manhunter (o persoaxe coñecido coma “El Detective Marziano” en España).

Momoa úne-se en todo caso a un reparto no que xa figuran Henry Cavill coma Superman, Ben Affleck coma Batman e Gal Godot no papel de Wonder Woman. A rodaxe do filme, que polo de agora non ten un título oficial, escomezará no mes de febreiro.