Xa é oficial: a protagonista da série Game of Thrones Emilia Clarke interpretará a Sarah Connor na vindeira pelicula de Alan Taylor, o relanzamento da franquía de Terminator para a Skydance Productions e mais a Annapurna Pictures.
Clarke úne-se asemade a Jason Clarke, que está en negociacións para interpretar ao seu fillo John Connor nunha história que segundo din incluirá unha viaxe ao futuro. Arnold Schwarzenegger regresará tamén ao seu mais característico papel, o do cíborg.
A actriz Brie Larson (Don Jon) figurou até o último momento coma candidata para se facer co papel, e de feito ambas as dúas actrices pasaron probas de cásting polos produtores.