O Mapa do Tempo, prémio Ignotus

0
544

A novela retrofuturista El mapa del tiempo, do escritor gaditano Félix J. Palma acadou o Prémio Ignotus 2013 á millor novela de fantasía e ciéncia-ficción en español que concede a AEFCFT. O prémio á millor novela curta foi para Osfront, de Eduardo Vaquerizo, José Ramón Vázquez e Santiago Eximeno.

Entre as demais categorías cabe salientar o prémio ao millor cómic (chamado “tebeo”) que recaiu en Espinas, de Santiago Eximeno e Angel Manuel Sánchez Crespo, e o prémio á millor novela estranxeira, que foi concedido á tradución ao español de The City & the City de China Mieville (publicada orixinalmente en 2009).

O Prémio Ignotus é un galardón literário instaurado en 1991 que outorga anualmente Pórtico, a Asociación Española de Fantasía, Ciencia-Ficción e Terror a autores españois e estranxeiros.