Ainda que os actores orixinais da triloxía de X-Men non regresarán para a vindeira entrega, X-Men: Apocalypse, haberá dous guionistas habituais que si estarán de volta.
Os autores do guión de X2: X-Men United e de Superman Returns, Mike Dougherty e Dan Harris, volverán traballar con Bryan Singer para a nova película da série dos X-Men, que comezará a se producir após da estrea (prevista para o ano que ven) de X-Men: Days of Future Past.
Singer revelou as novas nun tweet a sada semana no que publicou unha foto do trío xunto ao guionista de X-Men: Days of Future Past Simon Kinberg e comentando que foi tomada unha noite após dunha sesión de escritura do guión de X-Men Apocalypse.
Polo de agora non se coñecen mais detalles xa que estamos nunha fase moi inicial deste proxecto, cuxa existéncia foi revelada por Singer á penas hai un par de semanas. Outra cousa que tamén revelou o dierctor no seu Tweeter é que “está a nevar en Exipto” (o lugar de nacemento de En Sabah Nur (ou sexa, de Apocalypse) nos cómics.