Hugh Jackman, Barbanegra en Pan

0
460

Hugh Jackman está a negociar a súa incorporación ao reparto no papel do malvado pirata Barbanegra en Pan, o vindeiro filme de Joe Wright que narrará as orixes de Peter Pan para a Warner Bros. Pictures.

Jason Fuchs está aínda a escribir o guión das aventuras dun neno orfo que é levado ao máxico mundo de Nunca Xamáis, onde se converte no heroe dos seus habitantes e lidera unha revolta contra os piratas.

Barbanegra será o principal vilán deste filme, no que o Capitán Garfo será un aliado de Peter antes de se volver contra el e converter-se no seu inimigo xurado para sempre.

Javier Bardem foi o primeiro actor considerado para o posto, que finalmente rexeitou. Jackman foi a segunda opción, e aceptou decontado a proposta dos produtores.

Polo de agora non se sabe quen fará o papel de Peter, para o que hai aberto un proceso de cásting, así coma o de Tiger Lily, a princesiña índia. Ambos serán probábelmente actores novos sen experiéncia prévia en grandes producións.