Jonny Quest aínda vive

0
245

O realizador Peter Segal (Get Smart, Grudge Match) ven de revelar que o proxecto de longametraxe con actores reais baseada na clásica séri ede debuxos animados de ciéncia-ficción dos anos 60 da Hanna-Barbera Jonny Quest está aínda en proceso e continúa a traballar nela.

Segal leva vencellado a este proxecto dende 2008 pola Warner Bros. Pictures e nunha entrevista confesou que agarda que esta sexa a súa seguinte película:

Encantaría-me facer desta a miña nova película. Vimos de contratar a un escritor para que lle dea un repaso ao guión, ainda que xa temos un bó guión. Logo pasaremos polo inferno do orzamento e tentaremos dar-lle forma“.

A série Jonny Quest ía sobre as extraordinárias aventuras dun rapazolo que acompaña a seu pai, un científico que investiga mistérios por todo o mundo. Xunto a eles van o seu irmán adoptado Hadji, o seu can Bandit e mais Bannon, un axente secreto do governo encargado de protexe-los. A série, que só durou unha tempada, foi revivida nos anos 80 e 90 pola canle Cartoon Network.

Dan Mazeau (Wrath of the Titans) escribira a primeira versión do guión, e tanto Zac Efron coma Dwayne Johnson estiveron vencellados aos papeis de Quest e Bannon respectivamente aló polo 2009. Richard Donner e Lauren Shuler Donner xa tentaran levar a franquía ao cinema en 1994.