Zoe Saldana terá o bebé de Rosemary

0
310

Zoe Saldana (Avatar) ven de se facer oficialmente co papel de Rosemary na vindeira minisérie de 4 horas da canle NBC, Rosemary’s Baby.

A série será unha nova adaptación da clásica novela supervendas de Ira Levin publicada en 1967, e Saldana interpretará á protagonista, unha muller recén casada e futura nai que se muda a París a un apartamento que agocha un sinistro pasado.

Após de ficar preñada, Rosemary comeza a sospeitar cada vez mais de que tanto os seus veciños coma o seu próprio home teñen escuros intereses no futuro de seu neno.

Scott Abbott e James Wong están aínda a escribir o guión, cuxa produción escomezará dentro de pouco na capital francesa.