Matt Reeves volve dirixir aos símios

806

O director de Dawn Of The Planet Of The Apes, Matt Reeves, ven de asinar o contrato polo que se convirte no máximo responsábel da vindeira entrega da franquía dos símios que veñen producindo a Fox e mais a Chernin Entertainment.

Reeves asinou para dirixir o terceiro filme xusto despois de que a segunda entrega fose presentada aos directivos dos estudos. Reeves escribirá asemade o guión da terceira película xunto ao guionista da segunda parte, Mark Bomback.

A terceira parte da franquía convereteu-se xa nunha prioridade para os estudos, polo que Reeves comezará a traballar nela de seguido. Pola súa banda, Dawn Of The Planet Of The Apes está prevista para se estrear o vindeiro 11 de xullo.

Rupert Wyatt dirixiu o primeiro filme, Rise Of The Planet Of The Apes, en 2011. Reeves é o director doutros éxitos coma Cloverfield e a versión americana de Let Me In.