O realizador mexicano Alejandro González Iñárritu (21 Grams) ven de abandoar o proxecto que o vencellaba á nova versión con actores de carne e óso de The Jungle Book, unha adaptación que producirá a Warner Bros. Pictures.
Baseado na clásica escolma de relatos de Rudyard Kipling ambientados na Índia colonial de 1894, os contos están enfocados na figura de Mowgli, un rapaz criado polos lobos que se fai amigo doutros animais da selva, coma o urso Baloo e mais a panteira Bagheera.
A história foi adaptada ao cinema xa várias veces, pero a mais notábel foi a versión de 1967 da Walt Disney con debuxos animados. En 1994 fíxo-se unha versión con actores reais protagonizada por Jason Scott Lee, Lena Headey e Cary Elwes.
Seica Iñárritu decediu abandoar o proxecto por mor de problemas de calendário de traballo, polo que agora este filme deberá procurar outro director. Callie Kloves escribiu o guión, e Steve Kloves será o produtor.
O proxecto en todo caso non debe confundir-se con outro semellante da disney, e que conta con Jon Favreau coma director.