Globos de Ouro pouco fantásticos

0
254

Na 71ª gala dos Golden Globes celebrada o pasado luns 12 no Beverly Hilton Hotel en Beverly Hills, Califórnia, non houbo, coma era de gardar, moito recoñecemento ao cinema fantástico, agás duas honrosas excepcións.

Así, o prémio ao millor director dunha longametraxe foi para o mexicano Alfonso Cuarón por Gravity, mentres có prémio ao millor filme de debuxos animados levou-no a película en 3D con gráficos xerados por computador Frozen.

Non houbo ningunha outra mención a ningunha outra obra fantástica durante esta gala, que congregou coma todos os anos aos espectadores da canle NBC. os Globos de Ouro son outorgados pola prensa estranxeira acreditada en Hollywood e foron creados en 1944. Estes prémios son considerados os máis importantes no mundo do cinema e da televisión despois dos Oscar e dos Emmy.