Michael Peña en Ant-Man

0
250

O actor e músico Michael Peña (Roswell, Twilight Zone) está a negociar a súa participación no vindeiro filme de Edgar Wright, a longametraxe de superheroes Ant-Man que producirá a Marvel Studios.

Este anúncio chega tan só un día despois de que se se dera a coñecer que Michael Douglas tamén terá un papel na película, neste caso o de Hank Pym, o home que inventou a tecnoloxía capaz de facer encoller ao lendário Ant-Man.

Paul Rudd interpreta a Scott Lang, un home que pretende reivindicar-se usando unha tecnoloxía capaz de o encoller até o tamaño dun insecto. O papel de Peña será probábelmente o dalgún latino e conterá moitas escenas de acción.

Entre os rumores sen confirmar que circulan ao redor deste filme está tamén o de que Rashida Jones e Bryce Dallas Howard están a loitar por se facer co papel de protagonista feminina, se ben ningunha delas recebiu unha oferta até agora.