Gravity, favorita aos Oscars

1170

A 86ª edición dos prémios da Académia de Hollywood, os populares Oscar, contará con algúns – poucos – contendentes do cinema fantástico, pero algún deles, coma é o caso de Gravity, con altas probabilidades de se levar máis dunha estatuíña pra casa.

Así, Gravity conta cun total de 10 nominacións: á millor película, á millor actriz (Sandra Bullock), ao millor director (Alfonso Cuarón), á millor fotografía, á millor edición, á millor banda sonora (Steven Price), deseño de produción, edición de són, mistura de áudio e efectos especiais.

Pola súa banda, a segunda entrega da triloxía do Hobbit, The Hobbit: The Desolation of Smaug, fíxo-se con 3 nominacións, todas elas nos apartados técnicos: edición de són, mistura de áudio e efectos especiais.

Outros filmes fantásticos nominados foron Despicable Me 2 e Frozen, polas canzóns Happy e Let if go respectivamente.

Os nominados para a millor película de debuxos animados foron The Croods, Despicable Me 2, Ernest and Celestine, Frozen e The Wind Rises, mentres que os candidatos para a millor curtametraxe de debuxos foron Feral, Get a Horse, Mr. Hublot, Possessions e Room on the Broom.

Coma é habitual, todos os candidatos para o Oscar aos millores efectos especiais son filmes de xénero: os xa mencionados Gravity e The Hobbit: The Desolation of Smaug, e Iron Man 3, The Lone Ranger e Star Trek Into Darkness.