Escaso botín nos Globos

0
291

EnchantedO drama é o factor dominante entre os nominados para os prémios Globos de Ouro deste ano, coma sempre un refrexo do que poderá ser logo o reparto dos Oscar. Pero os recentemente nominados para os Globos de Ouro 2008 unha vez máis deixan fóra da carreira á meirande parte das producións de xénero fantástico ou de ciéncia-ficción

A nominación de Amy Adams no prémio á millor actuación dunha actriz nun musical ou comédia, por Enchanted, e unha nominación secundária pola súa canzón That’s How You Know, que canta en solitário no filme, é todo o que podemos agardar este ano os afeccionados entre as moitas categorías dos Globos. As comédias de debuxos animados Bee Movie, Ratatouille, e Os Simpson recebiron, iso si, cadansua nominación para o millor filme de animación.

No apartado de televisión houbo máis sorte, ainda que sen excesos. Os protagonistas da série Pushing Daisies, Lee Pace e Anna Friel, recebiron senllas nominacións e James Nesbitt levou-se outra pola adaptación do clásico de Jeckyll e Hyde que fixo a BBC. Todo o demáis foi totalmente ignorado polos críticos.