Para relembrar que en Hollywood tamén se fai mal cinema e que ademáis saben ter senso do humor, todos os anos se celebra a gala dos prémios Razzie, para as piores producións do ano.
Este ano non hai tantos candidatos do xénero fantástico coma noutras ocasións, pero algúns nominados eran mais ca evidentes: así, After Earth e The Lone Ranger terán a posibilidade de se facer co prémio á pior película do ano, e os seus protagonistas, Johnny Depp e Jaden Smith son máximos candidatos ao prémio do pior actor.
O pai de Jaden, Will Smith, é ademais candidato ao prémio ao pior actor secundário polo mesmo filme After Earth, e Nick Swardson pola comédia A Haunted House.
After Earth non podía marchar sen outras tres nominacións, ao pior director (M. Night Shyamalan), á parella formada por Jaden Smith e Will Smith e mais ao pior guión.
Gore Verbinski (The Lone Ranger) está tamén nominado para pior director, e este mesmo filme xunto a The Smurfs 2 serán candidatos para recebir o prémio ao pior remake.