A nova máxima responsábel da franquía de Star Wars, Kathleen Kennedy, falou recentemente sobre como e que partes de Star Wars son considerados canon e cales non en relación aos vindeiros Star Wars: Episode VII e as anunciadas películas spin-off.
Kennedy revelou que as películas spin-off, previstas para se estrearen entre cada episodio da nova triloxía, non incluirán a ningún dos persoaxes da nova triloxía:
“George [Lucas] foi moi claro verbo de como funciona isto. O canon que el creou foi a saga de Star Wars. E agora o Episódio VII vai dentro dese canon.
Os spin-off, ou podemos chegar a algunha outra forma de chamar estes filmes, existen dentro dese amplo universo que el creou. Non hai ningunha tentativa feita para levar persoaxes dentro e fóra dos episodios da saga.
En consecuencia, dende o punto de vista creativo, é un mapa que George deixou moi claro.”
Estas declaracións servirán para rematar coas especulacións segundo as cales podería haber un filme adicado só a Han Solo (considerando que Harrison Ford xa está confirmado para Star Wars: Episode VII) pero dan credibilidade aos que suxiren que podería haber un filme adicado en exclusiva a Boba Fett, un persoaxe moi popular nos Estados Unidos. Para este segundo mesmo se chegou a falar de Joe Johnston (Captain America: The First Avenger) coma posíbel director.