Batman e Superman, adiados dez meses

1084

A Warner Bros. Pictures ven de adiar considerábelmente o escomezo da produción do vindeiro filme de Zack Snyder, Batman vs. Superman, até o segundo trimestre deste ano.

Así pois, coma consecuéncia, a data orixinal de estrea, prevista para o 17 de xullo de 2015 xa non é posíbel. No seu lugar, os estudos pensan agora nun adiamento de dez meses, até o 6 de maio de 2016.

No lugar do calendário que ocupaba Batman vs. Superman, a Warners decidiu meter a película Pan, adicada ás orixes do clásico persoaxe de Peter Pan.

Mália o atraso, a preprodución continuará o seu curso, con Henry Cavill coma protagonista e con Ben Affleck e Gal Gadot coma convidados.

Os motivos do adiamento non están claros, ainda que alúns sítios Web indican que o polémico Ben Affleck sofriu unha grave leixón nunha perna que o manterá afastado das cámaras alomenos durante seis semanas.