A história da túa vida no cinema

0
247

Denis Villeneuve, o director canadiano responsábel do thriller Prisoners, ven de asinar un contrato polo que fica vencellado ao cinema fantástico. O seu vindeiro proxecto será asemade unha adaptación á pantalla grande da novela curta de Ted Chiang Stories of Your Life, gañadora do prémio Nebula en 1998, e que producirán a FilmNation, a Lava Bear Films e mais a 21 Laps.

A história dá comezo cando unha nave extra-terrestre aparece na órbita da Terra e unha experta lingüísta é recrutada polo exército para que determine as intencións dos áliens. Axiña aprende a se comunicar cos visitantes e comeza a experimentar lembranzas moi vívidas que poderían dar unha pista sobre o mistério que rodeia a esta visita doutro mundo.

Eric Heisserer adaptou o guión, mentres ca David Linde, Shawn Levy e Dan Levine serán os produtores. A rodaxe escomezará a finais deste ano.