A Marvel prefire Califórnia

0
193

O póster de Iron Man 2A Marvel Studios ven de asinar un contrato de longa duración coa Raleigh Studios para poder filmar as vindeiras entregas de catro longametraxes no complexo Manhattan Beach da Raleigh. Os catro filmes que rodarán alí serán Iron Man 2, Thor, The First Avenger: Captain America e The Avengers.

Como parte do acordo de aluguer dos estudos, a Marvel mudará as súas oficinas de execución e produción (actualmente situadas en Beverly Hills) ao edifício da Raleigh en Manhattan Beach.

O trato é unha grande axuda para a acosada indústria do cinema en Los Angeles e Califórnia, que leva competindo duramente durante toda esta década contra outros Estados e mesmo outros países, onde é máis rendíbel filmar por mor dos grandes incentivos fiscais.

Os proxectos da Marvel son filmes de grande importáncia, e o acordo suporá unha inxección económica de entre 500 e 600 millóns de dólares para o Estado governado por Arnold Schwarzenegger.