A A&E resucita a autoestrada ao ceo

0
233

A canle de televisión A&E (anteriormente coñecida coma Arts & Entertainment Network) está a desenvolver un remake contemporáneo da popular série dos anos 80 que protagonizou Michael Landon Highway to Heaven.

A série orixinal durou cinco tempadas e estaba protagonizada por un anxo enviado á Terra para probar que é capaz de cumprir coas misións que un deus lle encarga para axudar aos seres humanos e así gañar-se as súas prezadas ás, o tesouro mais grande que teñen estes míticos seres.

O antigo responsábel da série Hell on Wheels, John Wirth, está a escribir a nova versión, na que participarán Mark Wahlberg e mais Stephen Levinson coma prmdutores executivos.