A Amazon fai-se con Barbarella

0
281

A nova versión para a pequena pantalla do clásico cómic francés de Jean-Claude Forest Barbarella será producida pola Amazon Studios.

Os guionistas da franquía de James Bond Neal Purvis e mais Robert Wade están a escribir o episódio piloto, e xa están a á procura dun responsábel da série.

O director de Drive e Only God Forgives, Nicolas Winding Refn, participará como produtor executivo, o mesmo ca Martha De Laurentiis (a esposa do defunto Dino De Laurentiis, quen producira a película de 1968 protagonizada por Jane Fonda).

A Gaumont International Television (Hannibal, Hemlock Grove, Narco) propducirá o proxecto, que leva xa mais dun ano e médio pendente de escomezar o traballo.