Rupert Sanders dirixe Ghost In the Shell

1339

Rupert Sanders (Snow White And The Huntsman) será o director da versión que adaptará ao cinema en 3D e con actores reais a clásica franquía xaponesa de cómics, películas e videoxogos Ghost In The Shell para a DreamWorks.

Masamune Shirow creou este thriller policíaco en 1989 en forma de manga. A obra orixinal xerou decontado dous edicións mais en manga, tres anime, unha série para a televisión e moitos videoxogos.

A história vai sobre unha unidade policial secreta que está especializada en loitar contra os crimes tecnolóxicos.

William Wheeler (The Reluctant Fundamentalist) escribiu un novo guión que producirán Avi Arad, Ari Arad e mais Steven Paul. A película é, para moitos, un apaixoado proxecto persoal de Steven Spielberg.