Terminator perde un finanzador

0
272

Ainda que foron os que mais insistiron para poñer en marcha o proxecto dende o primeiro intre, a Annapurna Pictures de Megan Ellison vai-se retirar da financiación de Terminator: Genesis, o vindeiro relanzamento da franquía protagonizada por Arnold Schwarzenegger.

A Annapurna fíxo-se cos dereitos sobre a franquía en 2011 e contribuiu con moitos progresos con membros do reparto e contratando ao director Alan Taylor (Thor: The Dark World, Game of Thrones).

Agora que escomezou a pre-produción a Annapurna abandoa o barbo coma cofinanzador. O irmán de Ellison, David, e mais a súa produtora, a Skydance Productions, tomarán o control sobre dúas terceiras partes do finanzamento, mentres que a Paramount Pictures encargará-se do resto. Megan Ellison ficará vencellada coma produtora executiva.

A marcha da Annapurna non é unha grande sorprensa. A compañía está a se decantar por proxectos mais independentes e con certo tón de calidade que lle poidan garantir participar na festa dos Oscars, coma The Master, Her, American Hustle ou Zero Dark Thirty. Pola súa banda, a Skydance está atrás de grandes franquías moito mais rendíbeis da Paramount, coma Mission: Impossible, Star Trek, G.I. Joe e World War Z.

A rodaxe do proxecto está prevista para escomezar en primavera, protagonizada por Emilia Clarke e Jason Clarke coma Sarah e John Connor, mentres ca Arnold Schwarzenegger regresará coma o Terminator. O papel de Kyle Reese está aínda sen decidir.