Deathlok e Lorelei contra a S.H.I.E.L.D.

0
318

Os persoaxes da Marvel Comics Deathlok e Lorelei aparecerán na série de televisión Marvel’s Agents Of S.H.I.E.L.D. durante os vindeiros meses, segundo confirmou o xefe de proxectos televisivos da compañía, Jeph Loeb, no decurso dunha visita aos escenários da Asociación de Críticos de Televisión esta semana.

O persoaxe de J. August Richards, Mike Peterson, será transformado pola organización terrorista Centipede no soldado cibernético Deathlok. Loeb dixo: “estivemos a deixar pistas todo este tempo. Este é un persoaxe importante na Marvel que vai aparecer na tele ou no cinema por primeira vez“.

Tamén aparecerá Elene Satine coma Lorelei, unha superfalcatruán do mundo de Thor, Asgard. As escenas que incorporan ao seu persoaxe, así coma a Lady Sif (Jaime Alexander) poderán ver-se nun vindeiro episódio.