Mike Newell, outro remake dos Trífidos

0
305

Mike Newell (Harry Potter And The Goblet Of Fire) será o encargado de dirixir para a Ghost House Pictures a vindeira adaptación ao cinema de The Day Of The Triffids, a clásica novela de ciéncia-ficción escrita por John Wyndham en 1951.

Os trífidos son unha espécie de pranta intelixente e agresiva que posúe un látego velenoso, e que a humanidade está a cultivar para aproveitar o seu óleo.

Pero cando unha choiva de meteoritos deixa a maioría de humanidade cega, a civilización derrúba-se e os poucos que ainda poden ver tentan fundar unha colónia no campo, lonxe das cidades.

A história fora adaptada previamente ao cinema en 1963 e dúas veces pola televisión inglesa, en 1981 e en 2009, con moi diferente éxito. O creado da série Luther, Neil Cross, escribiu o guión desta nova versión que pretende ser o mais fiel posíbel á novela orixinal de Wyndham.

Sam Raimi, Robert G. Tapert, Don Murphy, Mark Gordon e mais Michael Preger serán os produtores.