Bruce Willis úne-se ao Vício

0
241

Bruce Willis e mais Ambyr Childers serán os protagonista do thriller de acción Vice, unha película de ciéncia-ficción que producirán a Emmet/Furla e mais a Oasis Films e que relembra moito ao clásico Futureworld que protagonizara Yul Brynner.

Andre Fabrizio e Jeremy Passmore escribiron a história, que vai sobre un centro turístico no futuro onde o persoal está composto por seres cibernéticos que os mais ricos aproveitan para levar a cabo as súas mais escuras fantasías.

Pero nestas, unha sintética (Childers) sofre un fallo técnico, é asulagada con todos os recordos dos atroces actos cometidos contra ela, e decide vingar-se.

Willis interpreta a Julian, o dono de Vice, o centro de vacacións. Polo de agora non hai ningún director vencellado a este proxecto, que comezará a se rodar o vindeiro 15 de marzo en Alabama.