Ronia, o novo da Ghibli

736

Os estudos Ghibli e mais a Polygon Pictures van-se asociar para produciren conxuntamente a nova série de debuxos animados para a televisión Ronia the Robber’s Daughter.

Baseada na novela Ronja Rövardotter da autora sueca Astrid Lindgren (a de Pippi Calzaslongas), a história está ambientada na Europa medieval. Ronia é a única filla do xefe do clan dos landróns e vive nun enorme castelo no bosque.

Ronia vai medrando baixo os coidados do seu clan e convérte-se nunha forte a activa moza. Un dia, se lle permite saír por primeira vez aos bosques e descobre ás misteriosas criaturas que o habitan. Deberá aprender a vivir nun contorno salvaxe coa axuda de seus pais e coñecerá a un rapazolo chamado Birk.

Goro Miyazaki (From Up on Poppy Hill, Tales from Earthsea), fillo do aclamado realizador e cofundador da Ghibli, Hayao Miyazaki, será o director desta série. Ainda que os debuxos terán o habitual estilo da Ghibli, a Polygon Pictures (The Clone Wars, Tron: Uprising) será a encargada de facer a animación.

O libro foi xa adaptado ao cinema en 1984 co filme sueco Ronja Rövardotter, protagonizado por Hanna Zetterberg, Dan Håfström e Börje Ahlstedt e contou daquela co guión da mesma Astrid Lindgren.

Agárda-se que se poida estrear o primeiro episódio para a primavera deste mesmo ano.