O rei Artur revive unha vez mais

1066

A Warner Bros. Pictures vai tentar unha vez mais facer un filme sobre o rei Artur após de fracasar nos seus últimos intentos, pero esta vez o plan será ainda moito mais cobizoso.

Guy Ritchie, que xa estivo no punto de mira dos estudos nun dos anteriores proxectos, será novamente o encargado de se sentar na cadeira de director para unha película que se prevé será de grande orzamento e con moita fantasía, narrando a lenda do rei Artur.

O plan é facer nada menos ca seis películas en total, con Joby Harold encargado de escribir o guión da primeira entrega. Akiva Goldsman, Lionel Wigram, e Harold e Tory Tunnell serán os produtores.

Ritchie e Wigram desenvolveran anteriormente unha versión que non chegou a bó porto cando o filme de David Dobkin Arthur and Lancelot acadou poñer-se por diante nunha carreira por ver quen escomezaba antes a produción. Pero ao cabo, ningún dos dous proxectos se puido realizar, por mor de problemas derivados dos excesivos gastos no orzamento.