Leonard Nimoy revela que está enfermo

1488

Leonard Nimoy, o Spock orixinal da série Star Trek, ven de revelar que foi diagnosticado cunha grave enfermidade pulmonal crónica aos seus 82 anos, e advertiu aos fumadores que “o deixen xa“.

O veterán actor, relembrado polo seu papel na série dos anos 60 e polas súas moitas aparicións co mesmo persoaxe ao longo dos anos, dixo que o está a levar ben: “Fumadores, por favor entendede. Se o deixades despóis de que vos diagnostiquen danos no pulmón, xa é tarde. Aprendede da miña lección, deixáde-o xa“, recomendou na súa conta do Tweeter aos seus mais de 810.000 seguidores.

Ainda que Nimoy deixou de fumar hai 30 anos, recoñeceu que a súa enfermidade, o síndrome pulmonal obstrutivo crónico, está vencellada ao hábito do tabaco.

Nimoy, nado en Boston, converteu-se nunha lenda da ciéncia-ficción pola súa interpretación do doutor Spock, o persoaxe médio humán, médio vulcanián que serviu coma Primeiro Oficial da nave Enterprise na série de televisión Star Trek. Recentemente apareceu nos dous filmes de J.J. Abrams, Star Trek e Star Trek Into Darkness en 2013.