Paul Bettany será a Visión

0
296

O actor Paul Bettany, quen até agora só tivo a oportunidade de aparecer nos filmes de superheroes da Marvel poñéndo-lle a voz a JARVIS, o sistema operativo do traxe de Iron Man, vai poder por fin amosar a súas capacidades interpretativas doutro xeito, facendo o papel de Visión, o superheroe membro dos Vingadores na vindeira película Avengers: Age of Ultron.

Nos cómics, Vision é un androide creado por Ultron coma arma contra os Vingadores. Os seus poderes, que inclúen lanzar ráios e facer-se invisíbel, volverán-se contra o seu creador cando decida pasar-se ao lado do Ben e converter-se nun Vingador mais.

Bettany e mais Jeremy Renner (Ollo-de-Falcón) estiveron nos estudos Shepperton esta semana, onde falaron co director Joss Whedon. Bettany participou nunha série de probas de vestiário, perruquería e maquillaxe e traballou con algúns dobres.

A rodaxe escomezará o mes que ven en Inglaterra e Sudáfrica.