O xoguete de Max Steel chega ao cinema

0
322

Os novatos Ben Winchell (Necessary Roughness) e Ana Villafañe (Los Americans) serán os protagonistas da vindeira adaptación ao cinema con actores reais da franquía de xoguetes da Mattel Max Steel para a Open Road Films e mais a Dolphin Film.

Winchell faría o papel de Max McGrath, un adolescente con poderes especiais de turbo-enerxía. Xunto co seu compañeiro álien Steel, convérte-se no superheroe Max Steel. Villafañe pola súa banda fará o papel da moza de Max, Sydney Gardner.

A película será a primeira dunha nova franquía baseada no xoguete de Max Steel, e xa conta cun guión de Christopher Yost (Thor: The Dark World). O director será Stewart Hendler (H+). Agárda-se para o ano que ven un lanzamento masivo nos Estados Unidos, onde o xoguete é moito mais popular que en Europa.