Bryan Singer fai-se co cómic Haunted

0
260

A produtora de Bryan Singer, a Bad Hat Harry, ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema unha série de cómcis aínda por publicar, titulada Haunted e que editará a Red 5 Comics.

A série de catro exemplares, de acción e terror, a barreira entre a Terra e mais o mundo espiritual rácha-se e permite aos demos e ás pantasmas entrar no noso mundo, facendo que a sociedade e mais a civilización se derruben.

Trece anos despois, unha rapaza que sobrevive coma pode nunha paisaxe desolada tenta coidar de si mesma, pero cando atope a un grupo de estraños deberá aprender a confiar nos demáis se queren ter unha oportunidade de devolver o mundo á normalidade.

O creador do cómic, Scott Chitwood, declarou: “Coma fan de toda a vida de The Usual Suspects e dos filmes da Patrulla X de Singer, foi moi gratificante descubrir que a Bat Hat estaba entusiasmada coa história e coa premisa de Haunted. Até agora apoiáron-me incríbelmente e foi xenial traballar con eles”.