Marc Forster revolucionará Marte

0
261

Marc Forster (World War Z) será o director da adaptación ao cinema da novela recén editada de Pierce Brown Red Rising.

Ambientada no planeta Marte, governado baixo un sistema de clases sociais, a história vai sobre un home que é un “Vermello”, un membro do grupo mais baixo da sociedade e destinado coma tal a traballar nas entrañas do planeta. Pero após de sofrir unha terríbel perda e mais unha traizón, convérte-se nun revolucionário, adicado a traer a xustiza á sociedade.

Brown encargou-se de adaptar o guión, mentres ca Joe Roth, Palak Patel e Renee Wolf serán os produtores. O proxecto será probábelmente o vindeiro de Forster, ainda que polo de agora non conta co apoio de ningún estudo.