Ayana de Stephen King será unha série

0
299

A Universal Television está a desenvolver un novo proxecto baseado noutra obra do prolífico Stephen King, o conto de 2007 Ayana, do que se fará unha série que a NBC está a considerar para emitir.

Chris Sparling (Buried) escribirá o episódio piloto, que producirá Ben Haber e que contará con Jordan Kerner coma produtor executivo.

O conto, publicado orixinalmente en 2007, foi despois incluído na escolma de novembro de 2008 Just After Sunset. Está ambientado en 1982 e vai sobre un narrador que conta como unha nena cega de sete anos chamada Ayana deu-lle un bico ao seu pai moribundo, e curou-no.

En compensación por este miragre, o narrador debe continuar pagando a súa débeda ao longo dos anos.