Ben McKenzie é o novo comisário Gordon

818

O musculoso ex-protagonista de séries para adolescentes coma The O.C. e Southland, Ben McKenzie, ven de se facer co papel do futuro comisário James Gordon na vindeira série da Fox, a precuela do universo de Batman Gotham.

McKenzie interpretará ao home que chegará ser o comisário xefe da policía de Gotham e máximo colaborador do home morcego na súa loita contra os criminosos que queren saír-se coa súa. Ao comezo da série, Gordon será tan só un policía recén ingresado no corpo que traballa no departamento de homicídios.

O persoaxe descríbe-se coma unha estrela do fútbol americano e heroe de guerra que é ascendido rápidamente no departamento de policía. É honrado, valente e idealista até o punto de ser un pouco inxénuo.

McKenzie xa participou anteriormente noutros traballos relacionados con Batman, porque foi quen lle puxo a voz ao cruzado da noite no filme de debuxos animados de 2011 Batman: Year One, baseado na novela gfráfica de Frank Miller.

Neil Hamilton, Pat Hingle e mais Gary Oldman foron os actores que lle deron vida a Gordon en anteriores entregas. McKenzie, de tan só 35 anos, é o actor mais novo que interpretará a este persoaxe.